Como todos os anos o 27 de setembro o cole se volve vestir de festa para celebrar o dia do noso fundador, San Vicente de Paúl, os máis peques como é costume celebrámolo con actividades nas aulas e todos xuntos, recordando a súa vida, a súa obra e a importancia que teñen a súa ideoloxía cada día nos nosos centros e que nos fai únicos.
Deixámosvos unhas pequenas imaxes, o resto do material poderédelo descargar dende o Dropbox.
Día tras día todos os papás e mamás adoitades preguntarlle aos máis peques; que tal o teu día no cole? Pois dende agora, non só podedes escoitalo se non tamén velo. Dende este blog as mestras de Educación Infantil pretendemos crear un espazo aberto que sexa un punto de encontro, onde a información e a educación "saia" do cole e voe ata un recuncho das vosas vidas. Moitas grazas por elixir este centro para a educación dos vosos fillos/as.
sábado, 5 de octubre de 2013
Almorzo solidario!
Recordade todos os mércores recolleremos un cartón de leite para axudar a Caritas Maín, esta campaña está dirixida a que ningún neno se quede sen almorzo, xuntos podemos facer grandes cousas!
Grazas un vez máis pola vosa colaboración, O Equipo de Eduacción Infantil.
Grazas un vez máis pola vosa colaboración, O Equipo de Eduacción Infantil.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)