domingo, 27 de mayo de 2012

17 de maio Día das letras Galegas!


Como xa sabemos o 17 de maio está dedicado a celebración do Día das letras Galegas, que este ano conmemora a figura de Valentín Paz Andrade, escritor, poeta e empresario de especial relevancia en Galicia.

Con motivo disto traballamos nas nosas aulas fragmentos das súas obras, investigamos sobre a súa carreira empresarial, visitamos a exposición do mar creada polos nenos de Educación Primaria e fixemos un enorme mural entre todos os nenos para conmemorar este día tan importante da nosa terra.




15 de Maio Día da familia!

A familia, nas súas diferentes formas, é o elemento mais importante da sociedade humana, onde os nosos  nenos /as crecen e son educados, onde reciben amor, coidados e protección, ademais dunha formación integral como seres humanos. E por iso que este día gustaríanos agasallarvos con un pequeno presente  que represente o importante que sodes para nos.

Moitas grazas Familias! Xuntos, vento en popa a toda vela!

Maio mes da Virxe!


Como marca a tradición o mes de maio está dedicado a virxe María, e os nenos de Educación Infantil non podiamos deixar pasar unhas fechas tan sinaladas.

Durante este mes, cada clase traballou conceptos da vida e das leccións que María nos ofreceu como nai de Xesús, aprendemos novas cancións e oracións e trouxemos flores a diario para adornar unha Imaxe da Virxe moi especial que nos recibía e despedía cada maña, na porta da entrada.

Pero a fecha mais importante foi o día 14, xa que fomos todos xuntos a Capela do colexio a facer unha pequena ofrenda floral na que, algúns nenos de 5º e 6º de E.I pedimos a Virxe, polas noso aprendizaxes, os compañeiros, as nosas familias …

Grazas a todos pola vosa colaboración!








martes, 8 de mayo de 2012

Chegan os Maios!


Con motivo da festividade de primeiro de maio, os alumnos de Educación Primaria prepararon os seus famosos e tradicionais Maios e os mais peques non quixemos perdernos os preparativos de elaboración e ensaios previos o seu gran debut.




Despois dun gran esforzo, chegou a mellor das recompensas, Felicidades Gañadores!!

En abril Libros mil!


Como todos sabedes, abril é o mes do libro e con motivo desta festividade preparamos una chea de actividades para que os nosos peques namórense do fantástico mundo da lectura.

Con motivo disto acudimos tódolos venres a unha sesión de lectura na biblioteca do cole, da man dunha persoa moi coñecida para todos nos, a Profe Marina,  que é unha  experta contacontos, a cal deleitounos con obras como “Cocorico” ou o “Cabalo azul”, entre outros.

Tamén rotamos tódolos días un conto que cada un trouxo da súa casa para compartir cos compañeiros da clase.

O día 20, as profes fixeron unha pequena representación dun conto moi divertido, Tio lobo, na que estivemos moi, pero que moi atentos e na que descubrimos as terribles consecuencias dunha pequerrecha moi trapalleira chamada Carmela. Votádelle un ollo o resultado:





Grazas o Concello de Marín o luns 23, DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO, entusiasmámonos coa obra da “Maleta viaxeira”, na que dous aventureiros nos relataban as fantásticas historias  dos seus divertidos viaxes.



Finalmente, e como broche de ouro a este mes do libro que xa remata, o día 30 acompañounos o Mago Alexio para mergullarnos no mundo da maxia e da fantasía dos libros e realizar algúns trucos que nos deixaron abraiados.