martes, 27 de septiembre de 2011

¡O cole vístese de festa!

Hoxe día 27 de septembro celebramos a festa do noso fundador San Vicente de Paul, consiguiendo así 85 anos de obra Vicenciana en Marín. Por isto, hoxe os mais peques traballaron conceptos sobre a vida e misión de San Vicente.
¡Vótalle un vistazo as nosas creacións!

Se queredes ter mais información sobre  o noso fundador e a sua obra en Marín non vos olvidédes  en entrar nos seguintes enlaces:

“Dadme  hombres y mujeres  de Oración y serán capaces de todo” San Vicente de Paúl

miércoles, 21 de septiembre de 2011

Apostando por unha Educación Integral e en Valores

Buscando a Verdade.
Ano tras ano os colexios Vicencianos basados nos seus principios de formación integral, opción polos mais débiles,  compromiso pola xusticia, a solidaridade,  o respecto a vida, a naturaleza e a vivencia dos valores evanxélicos, cuestións, todas elas, que marcan o noso estilo educativo,  eliximos un valor para ser traballado durante o ano lectivo. O pasado curso traballamos  “O  respecto” cun lema que dicía “O respecto comenza en ti” e este ano xiraremos  en torno a  “Verdade”.

Con motivo disto a nosa  máxima como educadoras xirará en torno a axudar os nosos pequenos a  descubrir e vivir o valor da verdade buscando a coherencia entre o que somos, sentimos, pensamos, dicimos e facemos.
Para todo isto traballaremos cada día dende as nosas aulas a través das xornadas de sensibilización, actividades tics, contos, películas, titorías…. Na procura dunha educación integral e en valores.
A primeira destas actividades foi realizada de maneira conxunta por tódolos nenos e nenas de educación infantil  os cales reunímonos ó pasado luns 19  para ver unha película moi gráfica sobre este valor.

martes, 20 de septiembre de 2011

El primer día de cole

O luns 12 foi un día de......

DE ENCONTROS
Mais morenos, mais altas, mais "maiores", mais mimosos...

DE NERVIOS
Unha perna que movése sen parar, algunha boca "mordeuñas",  palabras trabadas, unha lagrimiña que se escapa...

DE ALEGRÍAS
Sonrisas de "orella a orella", miradas atentas, cancións coñecidas, suspiros varios...

DE RECORDOS
Cómo foron as nosas vacacións, qué facíamos o curso pasado...

DE OLVIDOS
Lévantome do meu sitio, persigo a profe para contarlle algo, deixo algún xoguete sen recoller, falamos todos a vez... 

DE CAMBIOS
Chegaron moitos nenos e nenas de 3 anos o cole e os de 5 anos  pasaron a Primeiro e teñen libros, cadernos, estuches e mochilas "de maiores"!
Ahora sí...

¡ O CURSO COMEZOU !