Os alumnos/ás de Educación Infantil celebraron hoxe a tradicional festa do magosto, nun día inmellorable.
Para esta festa contamos coa participación dun castañeiro que amenizou a mañá. A xornada comezou coa realización de pequenas actividades nas aulas para pasar a unha merenda colectiva no patio dos maiores, despois dunha boa lupanda, recollemos nosas castañas para gozar deste típico froito do outono e para rematar xogamos a diferentes xogos entre os que se encontraban, "Pasa a Castaña", "Pesca a Castaña", "a castaña lambona", "A caixa sorpresa"...
Todos disfrutamos moito deste día e da celebración. Aquí deixámosvos a mostras.
Grazas unha vez máis por colaborar connosco!
Día tras día todos os papás e mamás adoitades preguntarlle aos máis peques; que tal o teu día no cole? Pois dende agora, non só podedes escoitalo se non tamén velo. Dende este blog as mestras de Educación Infantil pretendemos crear un espazo aberto que sexa un punto de encontro, onde a información e a educación "saia" do cole e voe ata un recuncho das vosas vidas. Moitas grazas por elixir este centro para a educación dos vosos fillos/as.
jueves, 15 de noviembre de 2012
domingo, 4 de noviembre de 2012
Samaín!
Esta semana celebramos a festa do Samaín co noso tradicional concurso de cabazas.
Con motivo diso durante o luns, martes e mércores nosos nenos despois dun duro traballo expuxeron as súas obras para deleite de todos os nosos alumnos e os papis e mamis que se achegaron á exposición. Pero foi o mércores cando un grupo de profesores de Educación Primaria deron o premio a un alumno/a de cada clase, valorando a creatividade, o traballo, e a participación dos máis pequenos.
A xornada do mércores foi moi diferente á habitual, xa que en vez de profes nas aulas tíñamos bruxas. Durante as primeiras horas da mañá traballamos fichas e pequenas manualidades, para despois pasar ás actividades grupais na biblioteca, que consitiron na lectura do conto "O espello enmeigado" e a representación teatral da obra "A bruxa Coruxa", escritos e ilustrados pola Profe Mariña e representados por todas as profes de E.I.
A xornada finalizou coa entrega de premios do concurso de cabazas, unhas chuches para cada alumno/a pola súa participación e xogos no patio.
Aquí vos dejamnos unha pequena mostra das nosas actividades non sen antes agradecervos a vosa colaboración.
GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN!

Suscribirse a:
Entradas (Atom)