Os alumnos/ás de Educación Infantil celebraron hoxe a tradicional festa do magosto, nun día inmellorable.
Para esta festa contamos coa participación dun castañeiro que amenizou a mañá. A xornada comezou coa realización de pequenas actividades nas aulas para pasar a unha merenda colectiva no patio dos maiores, despois dunha boa lupanda, recollemos nosas castañas para gozar deste típico froito do outono e para rematar xogamos a diferentes xogos entre os que se encontraban, "Pasa a Castaña", "Pesca a Castaña", "a castaña lambona", "A caixa sorpresa"...
Todos disfrutamos moito deste día e da celebración. Aquí deixámosvos a mostras.
Grazas unha vez máis por colaborar connosco!


Non se ven as fotos do magosto. Gracias polo voso traballo Neste blog
ResponderEliminar