domingo, 4 de noviembre de 2012

Samaín!

Esta semana celebramos a festa do Samaín co noso tradicional concurso de cabazas.
Con motivo diso durante o luns, martes e mércores nosos nenos despois dun duro traballo expuxeron as súas obras para deleite de todos os nosos alumnos e os papis e mamis que se achegaron á exposición. Pero foi o mércores cando un grupo de profesores de Educación Primaria deron o premio a un alumno/a de cada clase, valorando a creatividade, o traballo, e a participación dos máis pequenos.
A xornada do mércores foi moi diferente á habitual, xa que en vez de profes nas aulas tíñamos bruxas. Durante as primeiras horas da mañá traballamos  fichas e pequenas manualidades, para despois pasar ás actividades grupais na biblioteca, que consitiron na lectura do conto "O espello enmeigado" e a representación teatral da obra "A bruxa Coruxa", escritos e ilustrados pola Profe Mariña e representados por todas as profes de E.I.
A xornada finalizou coa entrega de premios do concurso de cabazas, unhas chuches para cada alumno/a pola súa participación e xogos no patio.
Aquí vos dejamnos unha pequena mostra das nosas actividades non sen antes agradecervos a vosa colaboración.




 



















GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN!

No hay comentarios:

Publicar un comentario