sábado, 5 de octubre de 2013

San Vicente de Paúl!

Como todos os anos o 27 de setembro o cole se volve vestir de festa para celebrar o dia  do noso fundador, San Vicente de Paúl, os máis peques como é costume celebrámolo con actividades nas aulas e todos xuntos, recordando a súa vida, a súa obra e a importancia que teñen a súa ideoloxía cada día nos nosos centros e que nos fai únicos.
Deixámosvos unhas pequenas imaxes, o resto do material poderédelo descargar dende o Dropbox.






 

Almorzo solidario!

Recordade todos os mércores recolleremos un cartón de leite para axudar a Caritas Maín, esta campaña está dirixida a que ningún neno se quede sen almorzo, xuntos podemos facer grandes cousas!

Grazas un vez máis pola vosa colaboración, O Equipo de  Eduacción Infantil.

Valor Vicenciano de este ano, a Sensibilidade!


martes, 10 de septiembre de 2013

3, 2, 1... Despega un novo curso

Mañá 11 de setembro despega un novo curso escolar, recordarvos que os alumnos de 5º e 6º (Ana, Mariña, Rosa e Fini) serán recibidos polas súas profes na aula de acollida da entrada dianteira do pavillón, mentres que os alumnos de (Chelo e Antía) accederán pola porta traseira.

A recollida será a partir da 13:30 e todos os alumnos serán entregados pola porta principal, de xeito graduado.

Para unha maior organización pregamos todas as familias PUNTUALIDADE.

Moitas grazas pola súa colaboración e agora sí.... Despegamos!

jueves, 22 de agosto de 2013

Reunión de apertura do curso 2013/2014

Estimadas familias, o verán está a punto de rematar e o equipo de Educación Infantil está listo para comezar un novo curso cargado de miles de aventuras e sorprendentes propostas.
Invitámosvos a todos á reunión de apertura/información do curso que terá lugar o próximo venres 6 de setembro ás 17:30 no salón de actos do colexio.


jueves, 27 de junio de 2013

Vémonos en setembro!



Felices vacacións a todos os nosos nenos e as nosas familias! Esperámosvos o día 6 de setembro, no salón de actos do cole, para a reunión de principio de curso.

GRAZAS UN ANO MÁIS POR CONFIAR NO CENTRO E EN NÓS PARA A EDUCACIÓN DOS VOSOS FILLOS.

                                O equipo de Educación Infantil

Fin de Curso!

Despois de 9 meses cheos de miles de aventuras con todos os nosos compañeiros/ás e as nosas profes chegamos ao final do curso cargados de moitas actividades.
Por un lado a esperadísima saída medio ambiental que este ano tivo lugar na Granxa El KIRIKO, na que puidemos gozar de diferentes actividades adaptadas aos tres niveis.
Polo outro, como o tempo non nos acompañou, non puidemos ir á praia como pensaramos pero... puidemos gozar do cole só para nós, bailamos, fixemos talleres de maquillaxe, botamos carreiras de obstáculos polos corredores... pasámolo xenial!
E tamén o pasado xoves despedimos na graduación aos alumnos de 6º que se fixeron maiores e marchan a primaria. Ímolos botar moito de menos!
Deixámosvos, como sempre unha mostra de todas as actividades, o resto xa están á vosa disposición no Dropbox.