jueves, 27 de junio de 2013

Fin de Curso!

Despois de 9 meses cheos de miles de aventuras con todos os nosos compañeiros/ás e as nosas profes chegamos ao final do curso cargados de moitas actividades.
Por un lado a esperadísima saída medio ambiental que este ano tivo lugar na Granxa El KIRIKO, na que puidemos gozar de diferentes actividades adaptadas aos tres niveis.
Polo outro, como o tempo non nos acompañou, non puidemos ir á praia como pensaramos pero... puidemos gozar do cole só para nós, bailamos, fixemos talleres de maquillaxe, botamos carreiras de obstáculos polos corredores... pasámolo xenial!
E tamén o pasado xoves despedimos na graduación aos alumnos de 6º que se fixeron maiores e marchan a primaria. Ímolos botar moito de menos!
Deixámosvos, como sempre unha mostra de todas as actividades, o resto xa están á vosa disposición no Dropbox.















No hay comentarios:

Publicar un comentario