miércoles, 21 de septiembre de 2011

Apostando por unha Educación Integral e en Valores

Buscando a Verdade.
Ano tras ano os colexios Vicencianos basados nos seus principios de formación integral, opción polos mais débiles,  compromiso pola xusticia, a solidaridade,  o respecto a vida, a naturaleza e a vivencia dos valores evanxélicos, cuestións, todas elas, que marcan o noso estilo educativo,  eliximos un valor para ser traballado durante o ano lectivo. O pasado curso traballamos  “O  respecto” cun lema que dicía “O respecto comenza en ti” e este ano xiraremos  en torno a  “Verdade”.

Con motivo disto a nosa  máxima como educadoras xirará en torno a axudar os nosos pequenos a  descubrir e vivir o valor da verdade buscando a coherencia entre o que somos, sentimos, pensamos, dicimos e facemos.
Para todo isto traballaremos cada día dende as nosas aulas a través das xornadas de sensibilización, actividades tics, contos, películas, titorías…. Na procura dunha educación integral e en valores.
A primeira destas actividades foi realizada de maneira conxunta por tódolos nenos e nenas de educación infantil  os cales reunímonos ó pasado luns 19  para ver unha película moi gráfica sobre este valor.

No hay comentarios:

Publicar un comentario