martes, 8 de mayo de 2012

En abril Libros mil!


Como todos sabedes, abril é o mes do libro e con motivo desta festividade preparamos una chea de actividades para que os nosos peques namórense do fantástico mundo da lectura.

Con motivo disto acudimos tódolos venres a unha sesión de lectura na biblioteca do cole, da man dunha persoa moi coñecida para todos nos, a Profe Marina,  que é unha  experta contacontos, a cal deleitounos con obras como “Cocorico” ou o “Cabalo azul”, entre outros.

Tamén rotamos tódolos días un conto que cada un trouxo da súa casa para compartir cos compañeiros da clase.

O día 20, as profes fixeron unha pequena representación dun conto moi divertido, Tio lobo, na que estivemos moi, pero que moi atentos e na que descubrimos as terribles consecuencias dunha pequerrecha moi trapalleira chamada Carmela. Votádelle un ollo o resultado:





Grazas o Concello de Marín o luns 23, DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO, entusiasmámonos coa obra da “Maleta viaxeira”, na que dous aventureiros nos relataban as fantásticas historias  dos seus divertidos viaxes.



Finalmente, e como broche de ouro a este mes do libro que xa remata, o día 30 acompañounos o Mago Alexio para mergullarnos no mundo da maxia e da fantasía dos libros e realizar algúns trucos que nos deixaron abraiados.  


No hay comentarios:

Publicar un comentario