domingo, 27 de mayo de 2012

Maio mes da Virxe!


Como marca a tradición o mes de maio está dedicado a virxe María, e os nenos de Educación Infantil non podiamos deixar pasar unhas fechas tan sinaladas.

Durante este mes, cada clase traballou conceptos da vida e das leccións que María nos ofreceu como nai de Xesús, aprendemos novas cancións e oracións e trouxemos flores a diario para adornar unha Imaxe da Virxe moi especial que nos recibía e despedía cada maña, na porta da entrada.

Pero a fecha mais importante foi o día 14, xa que fomos todos xuntos a Capela do colexio a facer unha pequena ofrenda floral na que, algúns nenos de 5º e 6º de E.I pedimos a Virxe, polas noso aprendizaxes, os compañeiros, as nosas familias …

Grazas a todos pola vosa colaboración!








No hay comentarios:

Publicar un comentario