jueves, 27 de septiembre de 2012

Como marca a tradición, o colexio vístese de festa!


Todos os 27 de setembro os Colexios Vicencianos vestímonos de festa para celebrar un acontecemento importante, a festa do noso fundador, San Vicente de Paúl.
Con motivo diso os máis pequenos traballamos un amplo abano de actividades relacionados coa temática, entre as que se incluian, conto sobre a vida e obra do fundador, posta común na biblioteca, cantamos e bailamos cancións relacionadas e realizamos unha pequena manualidade que levamos hoxe para as nosas casas.
















Dende o equipo de Eduación Infantil esperamos que lles gustase e desexámoslles un Bo día de San Vicente Paúl!

No hay comentarios:

Publicar un comentario