viernes, 11 de noviembre de 2011

Comeza o Ñan-Ñan!

O pasado venres  tal como se indicou na reunión de comezo de curso empezou o Recetario Ñan-Ñan. Este proxecto, trátase de un libro colectivo programado dentro das actividades do Plan Lector que cada venres, un neno ou nena levará e terá que traelo de volta, a poder ser o luns.
O obxectivo de este proxecto é que o neno vivencie, experimente e participe na elaboración dunha receita, preferiblemente saudables, sinxelas e variadas, e desenvolva tamén habitos de hixiene e alimentación.
As receitas terán que seguir o modelo-guión da mestra-titora:
-Ingredientes
-Utensilios
-Elaboración
Podremos decorar a nosa receita con debuxos, fotografías, recortes de revistas e poderán traer a mostra para compartir cos seus compañeiros/as na clase.
A primeira das recetas fixémola xuntos na clase tratábase dun Roliño Salgado feito con pan de molde, queixo de untar e xamón cocido que posteriormente adornamos e levamos para casa.
Bótalle un ollo o resultado!



Unha vez mais moitas grazas por colaborar connosco e...


                                                                            BO PROVEITO!

No hay comentarios:

Publicar un comentario