jueves, 17 de noviembre de 2011

Un magosto moi esperado


Despois de chover, chover e chover no día de hoxe o tempo deunos unha pequena tregua para celebrar o tan esperado magosto.

Hoxe os mais peques do cole celebramos esta tradicional  festa , con motivo disto, traballamos a temática nas aulas, coloreando castañas, personalizando os nosos cucuruchos para levar para casa e este ano como novidade contamos cun castañeiro que preparou as castañas nun fabuloso tren.
Celebramos a nosa festa no patio dos maiores, merendamos todas as clases xuntas,  degustamos castañas ben quentiñas, pintamos a cara con carbón e finalmente xogamos todos xuntos un anaco no patio.
¿Queredes ver que tal o pasamos?










 

No hay comentarios:

Publicar un comentario